Os mozos e mozas da diáspora galega de Europa formarán unha asociación coa que terán representación activa neste órgano autónomo da xuventude galega


Conectado como Anonymous. Tu última visita fue:

No estás conectado. Conéctate o registrate

Ver el tema anterior Ver el tema siguiente Ir abajo  Mensaje [Página 1 de 1.]

caladinho


Moderator
Moderator
Resolución do 25 de maio de 2009, da Secretaría Xeral da Emigración da Xunta de Galicia, pola que se establecen e se regulan os programas de becas destinados aos cidadáns galegos residentes no exterior para a realización de estudios universitarios e de formación profesional durante o curso académico 2008-2009.

Obxecto

Esta resolución ten por obxecto a convocatoria, de bolsas para estudios universitarios e de formación profesional de grao superior.

Programas

Programa 1: becas para a realización de estudios universitarios de carácter oficial e validez en todo o territorio nacional en calquera das tres universidades de Galicia (nova adxudicación ou prórroga).

Programa 2: becas para a realización de estudios de terceiro ciclo (etapa de formación) e para a realización de ensinanzas conducentes á obtención do título de máster universitario en calquera das tres universidades de Galicia (nova adxudicación ou prórroga).

Programa 3: becas para a realización de estudios de formación profesional de grao superior en centros docentes públicos e centros privados da Comunidade Autónoma de Galicia que teñan estas ensinanzas concertadas.

Destinatarios

Galegos y os seus descendentes ata segundo grao, que cumpran os seguintes requisitos:

A.- Nova adxudicación

Estudios universitarios de primeiro e segundo ciclo.-

- Residencia no estranxeiro do solicitante.

- Estar admitido/a para cursar estes estudios en calquera das tres universidades galegas.

- Estar matriculado/a en, como mínimo, 50 créditos.

Estudios de terceiro ciclo ou máster.-

- Residencia no estranxeiro do solicitante.

- Estar admitido/a no curso 2008/09 nun programa de terceiro ciclo o nun máster universitario en calquera das universidades galegas.

Estudios de Formación Profesional.-

- Residencia no estranxeiro do solicitante.-

- Estar matriculado/a nalgún ciclo formativo de grao superior nun centro público ou privado da Comunidade Autónoma de Galicia que teña estas ensinanzas concertadas.

B.- Prórroga

Estudios universitarios en todas as súas modalidades.-

- Residencia familiar no estranxeiro.

- Ter superado o 75% das materias ou créditos nos que estivo matriculado no curso anterior

. - No caso de estudios de primeiro ou segundo ciclo, estar matriculado/a en, como mínimo, 50 créditos.

Convocatoria

Diario Oficial de Galicia, do 1 de xullo de 2009.

Prazo de presentación

Ata o 1 de agosto de 2009

Tipo de axuda

Económica.

Observacións

- As bolsas terán una duración dun curso académico.

- As axudas máximas no poderán superar a cuantía de 7.500 euros.

- Contacto:

- Secretaría Xeral da Emigración
- Servizo de Tramitación de Axudas aos Centros e Comunidades Galegas
- Teléfonos: 981957353 y 981957162
- Fax: 981957179
- correo electrónico: entidadesgalegas@xunta.es
- www.galiciaaberta.com

Fonte: Galicia aberta

Ver perfil de usuario

Ver el tema anterior Ver el tema siguiente Volver arriba  Mensaje [Página 1 de 1.]

Permiso de este foro:
No puedes responder a temas en este foro.